A volta da fin de semana das Letras Galegas fixemos unha actividade chamada "Regalízate" que consiste en escribir unha palabra ou expresión galega nun bocadillo de cómic.
De xeito que, a semana pasada coloreamos unha palabra cada un, fomos mostrando as palabras que eran, e quen acertaba o seu significado quedaba coa palabra, algunha acertáronna a primeira con outras houbo que dar algunha que outra pista ata que souberon que significaba.
Para finalmente o mércores 19 ir ao photocall do edificio de secundaria a sacar unhas fotos coa nosa palabra, e coma premio déronnos un regaliz polo ben que o fixemos coas palabras tan bonitiñas que levamos.
Se queredes ver todos os cursos participantes na actividade pinchade no seguinte enlace REGALÍZATE
Ningún comentario:
Publicar un comentario