mércores, 23 de xuño de 2021

FIN DE CURSO 2020/2021

Onte foi o noso último día deste curso tan atípico e especial, como remate fixemos unha sesión de cine coa película "Mascotas" e comendo palomitas e bebendo cocacola sen cafeína. Despois vestímonos de suprheroes e superheroínas e fomos o pavillón, onde ao chegar o alumnado e profesorado de primaria aplaudíronnos polo ben que o fixemos e o valentes que fomos durante o curso.
E, como final, houbo concerto dos profes Óscar, Eva e Manuel (de secundaria), e tamén cantamos e bailamos unha canción cos compis de 3 anos.
Pasámolo xenial neste último día de cole.
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario