Esta é a última publicación deste curso 2020/2021.
Fixen un vídeo resumo do que fixemos ao longo destes meses, foi difícil escoller que fotos incluir no resumo xa que hai moitas, espero que as que haxa reflexen o que fixemos e o ben que o pasamos xuntos este curso.
Rematou o curso e quería darvos as grazas por todo, foi un curso difícil para todos e espero que tanto os peques coma vós estiverades a gusto co que fomos facendo ao longo destes meses. O importante ao final era que os nenos e nenas viñeran contentos ao cole a pesar da complicada situación que nos tocou vivir.
Grazas polas nenas e nenos tan valentes que tedes, o ben que se portaron e o responsables que foron coas medidas hixiénicas que tivemos que levar a cabo. Fixérono moi ben e sen rechistar.
Así que GRAZAS A TODOS E TODAS(NENOS/AS E FAMILIAS), entre todos fixéchedes que o curso fora máis fácil de levar e con máis ánimo.
BICOS E APERTAS PARA TODAS E TODOS.(xa vos boto de menos)
FELIZ VERÁN E PÁSADEO SUPER BEN !!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario