xoves, 9 de setembro de 2021

VOLTAMOS Á ESCOLA !!!!!

Ola a todos e todas, hoxe comeza un novo curso escolar igual de atípico que o anterior. Seguimos coas medidas anti-covid, empregando máscaras, medidas hixiénicas, etc; e, sendo un grupo estable de convivencia, de xeito, que outra vez non podemos relacionarnos cos compañeiros e compañeiras doutras clases. 
Este curso, con respeto a min vai ser diferente, xa que este curso non son titora de ningún grupo-aula, son mestra de apoio no C.E.I.P. Canosa-Rus no concello de Coristanco, polo tanto vou pasar polos tres niveis de educación infantil.
No seguinte enlace CANOSA-RUS,  podedes visitar a páxina web do colexio, e na parte esquerda onde pon "BIBLIOTECA" están os blogues do colexio para ver o que facemos ao longo do curso.



Estades todas invitadas e invitados a facer comentarios e visitarnos tanto as familias que xa coñecemos como as novas familias que se incorporan este ano o blogue.


BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!!!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario