Desta vez fixemos xogos cos aros, colocámonos agarrados das mans formando un círculo, e cun aro colgado dos nosos brazos, tiñamos que pasalo ao noso compañeiro sen soltar as mans, é decir, pasar a través do aro sen tócalo e así ata completar una volta enteira.
E, despois xogamos ao pilla pilla e para salvarnos tiñamos que entrar nun aro, pero non podíamos estar dentro do aro máis de 3 nenos ou nenas, se quedabas fóra podían pillarte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario