venres, 12 de novembro de 2021

TEMPO DE MAGOSTO

Xa chegou o tempo das castañas asadas, cocidas ou crúas, polo que en estimulación da linguaxe estamos coa poesía-canción da señora María e do señor Manuel, e o conto curto "Dentro da castaña". 

En música estivemos cantando e bailando o "Rap do Magosto" de Paco Nogueiras, sobre todo aprendendo o estribillo: 

CASTAÑA, CASTAÑA,

DO CHAN SE APAÑA,

METIDA NO OURIZO,

NON É UNHA PATRAÑA!


MAGOSTO, MAGOSTO,

NON VAIAS CO POSTO,

LEVA CASTAÑAS,

E ALEGRA ESE CORPO.










Ningún comentario:

Publicar un comentario