sábado, 20 de xuño de 2020

FINAL DO CURSO

Como última publicación deste curso 2019/2020, fixen un pequeno vídeo resumo do que fixemos ao longo deste curso tan atípico que rematamos.
Antes de nada quero darvos as grazas pola vosa colaboración, paciencia e ánimo nestes últimos meses, xa que non  foi doado para ninguén a situación que vivimos.
Grazas por facer as actividades coas nenas e nenos, mandarme fotos, por estar en contacto conmigo, sei que ter que traballar e facer de "mestres" dos vosos fillos e fillas non foi nada fácil. Así que de verdade MOITÍSIMAS GRAZAS.
Xa sei que me despedín deles onte, pero darlle os peques un gran bico e unha grande aperta da miña parte, dame moitísima pena non poder despedirme deles en condicións, e parabéns polos nenos e nenas que tedes, son maravillosos, foi un gran pracer ser a mestra dos vosos fillos e fillas.
 BICOS E APERTAS.  😗😗😗😗😗😗😗💗💗💗💗💗



BO VERÁN!!!!!!

7 comentarios:

  1. Moitas grazas a ti por coidar e mimar os nos@s peques. Pola comprensión e paciencia... Nos nn poidemos conectarnos ningún día por motivos de traballo pero eso nn quere decir que Xiana nn se acorde de ti,de feito di que quere ir po cole que vaias ti😂😂. Moita sorte en todo e que pases moi bo verán. Encantada de conocerte. Moitos bicos e apertas de Xiana😘😘

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias e moita sorte nesa nova etapa que comezas. Foi un pracer terte de mestra e a pena e que os nenos non pudieran estar mais tempo contigo. Mateo estaba encantado e evolucionou moito neste pouco tempo. Mandache un bico e un abrazo moi grande. Gracias

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por todo Verónica e moita sorte!! Un abrazo grande e moitos bicos de Noa.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias Verónica, Paula estaba moi contenta contigo, vaite botar moito de menos. Que teñas moita sorte, un bico enorme de Paula😘

    ResponderEliminar
  5. Moitisimas gracias por todo,a verdad non foi facil para tod@s,Lucas quere a profe Veronica para todolos dias,sorte na tua proxima andadura,moitos bikos de Lucas 😘😘😘😘

    ResponderEliminar
  6. Ola. Moitas grazas polos vosos ánimos e bos desexos. Para mín foi un pracer ser a mestra dos vosos fillos e fillas. E tamén foi un pracer coñecervos aos papás e mamás, grazas pola vosa disposición e colaboración nestes meses. Desfrutade do verán cos peques e descansar e ralaxarvos que o merecedes. Bicos e apertas para todos e todas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. Moitas gracias Verónica! Un recordo moi bonito ��.
    Marco enviache un aperta e un bico grande.
    Moita sorte!!!

    ResponderEliminar