luns, 7 de setembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

Comezamos un novo curso nesta situación tan atípica na que nos atopamos. Volvemos o C.P.I. Pecalama no concello de Tordoia, onde os protagonistas deste curso académico 2020/2021 son nenos e nenas de 5º de educación infantil.
O horario é o seguinte:


Déixovos unhas  fotos da aula onde imos protagonizar grandes momentos ao longo deste curso:









Importante recordarvos que durante os meses de setembro e xuño o horario lectivo é de 9:30 a 14:30, de xeito que, ás 14:30 van ao comedor ata as 15:30, que saen os autobuses para casa e recollida dos nenos e nenas que non van no bus.
E, de outubro a maio o horario do centro é de 9:35 a 13:10 pola mañán , de 13:10 a 14:45 van ao comedor, e voltamos a clase ás 14:45 ata ás 16:30, que marchamos para casa.

Pinchando nas letras de cor vermello, tedes un resumo sobre as medidas da COVID-19.

Estades todos invitados a facer comentarios e a visitarnos tanto as familias que xa coñecemos como as novas familias que se incorporan neste novo curso.

BENVIDOS E BENVIDAS A TODOS E TODAS!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario