xoves, 21 de marzo de 2024

QUE FORMA TEÑEN AS CELAS DOS PANAIS?

Coñecimos unha nova forma xeométrica traballando como son as celas dos panais das abellas.
Primeiro con depresores de cores fixemos as figuras que xa coñecemos: triángulo, cadrado, círculo e rectángulo. Para facer estas figuras xa coñecidas primeiro tiñamos que saber cantos lados tiña cada unha para, así, saber cantos depresores necesitamos para formala.

Despois observamos imaxes das celas dos panais para ver como eran, cántos lados teñen... algún dixo que esa forma era un rombo, entón fixémolo e observamos que non era igual xa que o rombo ten 4 lados e nas celas contamos 6 lados. É dicir, coñecimos o que é un hexágono, entón intentamos facelo con 6 paos.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario