luns, 25 de marzo de 2024

APÍPOLIS

O mércores 20 fomos de excursión a Apípolis no concello de Pontevedra. Ao chegar dividíronnos en dous grupos para facer os diferentes obradoiros. Un deles era facer galletas de mel, outro vestirnos de apicultores e entrar no recinto das colmeas, o terceiro facer unha candea, e o cuarto era buscar a abella raíña da colmea (para atopala tiñamos que buscar a abella que tiña  un puntiño branco).



Ningún comentario:

Publicar un comentario