luns, 8 de abril de 2024

AGRUPANDO.

Sabemos que as abellas cando se agrupan forman enxames, é dicir, fan un grupo moi grande entre todas as abellas da colmea. 

Entón nós, fixemos diferentes tipos de grupos, agrupamos segundo un número determinado e tamén por cores. A condición para facer os grupos era que non podíamos coller os animais coas mans para metelos nos recipientes, tivemos que usar unhas pinzas, así tamén traballamos a motricidade fina.

Foi moi divertido porque ás veces caían os animais das pinzas e non valía usar as mans para recuperalos e tiñamos que facer varios intentos ata que conseguíamos pillar ao animal. 😄😄😄





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario