Para rematar e como última publicación deste curso, fixen un pequeño vídeo resumo do que foi este curso 2023/2024. Foi difícil escoller que fotos saían no vídeo e cales non, xa que fixen motísimas e eles sempre estaban dispostos a saír nas fotos.
Grazas pola vosa colaboración nos “deberes” que levaron para
casa os peques, e moitas grazas por recibir a serpe Simba (xa que entendo que
era moi grande).
Foi un pracer ser a mestra dos vosos fillos e fillas, aprendín moito deles, espero que na seguinte etapa que comezan consigan os seus soños e que lles vaia todo xenial.
Moitas grazas por todo. 😀😀😀😀😀😀😀😀
BOAS VACACIÓN E FELIZ VERÁN !!!!!!!!!!🌞🌞🌞🌞🌞🌞
Ningún comentario:
Publicar un comentario