domingo, 7 de setembro de 2025

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO ESCOLAR 2025/2026

 Ola a todos e todas, volvemos abrir a xanela da nosa aula para mostrar e compartir as nosas aventuras neste curso previo á educación primaria.

Este curso voltamos a onde iniciamos a aventura deste blog hai xa 10 anos, ao C.E.I.P. Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel no concello de Carral.

Os protagonistas deste curso son 20 nenas e nenos de 6º de educación infantil que se fan maiores, sendo o último curso desta etapa. 👏👏👏👏👏👏

O horario será o seguinte (pinchade na imaxe): 



Como vedes no horario o día que toca vir con roupa deportiva é os venres, día que fan psicomotricidade.

Recordade que o horario lectivo é de 9:20 h. a 14:20 h, as portas do centro ábrense ás 9:10 h. polo que a partir desa hora pode ir entrando o alumnado á escola. Os nenos e nenas que queden a comer no comedor saen ás 15:15, e as nenas e nenos que van comer a casa saen ás 14:15.

Estades todos e todas convidados a visitarnos e facer comentarios tanto as familias que xa coñecemos coma as novas que coñecemos este curso.


BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO ESCOLAR!!!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario